31/3/11

Miguel Anxo Murado

Mércores de cinza, de Miguel Anxo Murado, é a nosa proposta para iniciar o 3º trimestre. Os seus libros son sempre unha invitación á reflexión. A mellor maneira de sabelo é encetalos para comprobárdelo vós mesmos. Lede "Vergoña" e opinemos logo das súas historias. Faino no propio blog. Bo proveito!

41 comentarios:

Unknown dijo...

Pareceme moi orixinal, non é como a maioría dos relatos curtos que acaban ben, senon que o rapaz do relato deixase levar e fai algo que aínda que non queira vese obrigado a facer porque se sinte so e quere sentirse incorporado ao grupo, e ben cos demáis. E penso que é un suceso que pasa habitualmente, non só cando es pequeno, se non sempre.

Unknown dijo...

Penso que é unha situación que pasa habitualmente e que a todos nos pasou algunha vez, que por algo que fixemos nos sintamos desprazados, marxinados da xente coa que tratamos normalmente. Para recuperar a nosa posición social, a aprobación dos demais facemos cousas das que logos nos arrepentimos e nos fan sentir miserables. Iso é o que lle ocorre o rapaz do relato, por non ser valente e non enfrontarse ós inimigos nunha pelexa, os seus amigos dano de lado, e el para recuperalos mata un pobre gato indefenso. O feito de que se teña que facer algo malo, ou algo que ti realmente non queiras facer para ser aceptado é verdadeiramente triste. Pero é un feito que ocorre cada día.

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Este texto pareceme moi realista, xa que plasma unha situación da vida real na que o neno ten que facer algo que realmente pensa que non lle parece ben, pero que é o único que pode facer para poder ser integrado no grupo outra vez e poder deixar de avergoñarse polo seu acto de covardía.

Unknown dijo...

A min o capitulo de Vergoña do libro Mércores de cinza gustoume porque a moita xente pasalle o mesmo que lle ocorreu o rapaz,é non se deberian avergoñar por ter medo de algo porque todo o mundo lle ten mendo a algo.O que menos me gustou foi que o rapaz tibera que matar o gato para que os compañeiros lle devolveran o respeto que anes lle tiñan.

DAMIAN dijo...

"Vergoña" pareceume moi orixinal e emotivo, polo que me gustou moito. Relátanos o complexo da vergoña, moi propio de cando un é neno. Ademais, cóntao detalladamente, o que fai que sintas moi profundamente os sentimentos do rapaz.Como tivo que matar ao gato para gañar o respeto dos nenos do seu barrio. É moi triste, pero ao mesmo tempo moi sentimental e representativo. Desde logo, un fragmento magnífico.

Unknown dijo...

Interesante, orixinal..
É o que me parece este relato, xa que o protagonista amosa a súa valentía, xa que se ve na obriga de facer algo que non quere, xa que non se quere sentir só.
Isto pasa tamén na vida real, xa que a calquera de nós nos pasou unha situación un tanto parecida.

Ragant dijo...

Pareceume un relato moi real xa que nel pódese ver a realidade que se vive na actualidade pola presión de grupo. Vese como o neno non quere matar o animal pero para el é absolutamente necesario xa que senón non podría vivir con esa vergoña e esa soidade.É un feito cruel pero necesario.Pola miña opinión é unha situación que se ve moitas máis veces da que nos gustaría e que ocorre cada día constantemente e a verdade é algo que se debiría loitar por que non ocurrise. Tamén está moi ben o final xa que non é un final no que acaba todo felizmente senón que finaliza de unha forma tráxica.

Unknown dijo...

E realmente interensante todo o que se pode transmitir con tan poucas liñas, e tanta verdade. Realmente esta historia non fai mais que reflexar a realidade da nosa vida diaria,na que as veces non vemos obrigados a cometer inxustizas pola presión social.Ainda que neste caso se esté a falar dun acto inocente xa que non era mais que un neno, sabe perfectamente que está a cometer unha inxustiza. Asi,o que o principio era un sentimente de vergoña por fuxir aquel día, convertese nun sentimente de culpabilidade ao cometter aquela inxustiza.

RD.Rodriguez dijo...

Eu creo que non e una situacion nin agradable, nin necesaria, creo que e una situacion traxica na que uns nenos polo motivo que sea vense situados nunha batalla infamtil masiva o cal xa de principio e algo absurdo, o acto de aceptacion de matar un gato e algo salvaxe e comparable a un acto de iniciacion tribal, una salvaxada nin mais nin menos

Unknown dijo...

Gustoume moito o texto porque me identifico coa persoaxe principal (os seus problemas, sentimentos, accións) e a parte esta é unha trama da cal non se espera unha fin coma esa (tráxica fin para un gato que non merecía a morte , que ao fin e ao cabo foi o rito de iniciación ou de reaceptación para a banda dos seus amigos).

David dijo...

Pareceme que para ser un relato breve é unha historia interesante, xa que conta a historia de rapaz e como consigue solucionar o seu problema.

Unknown dijo...

Creo que é un relato conmovedor, que fala do peso da vergoña e de todo o que podes sentir cando te desprecian por ser un cobarde. É algo increible que as persoas por ser aceptadas poidamos chegar a facer calqueira cousa, indepedentemente de que despois nos sintamos culpables ou non, ou teñamos remordimentos por aquelo que fixéramos. Todosalgunha vez nos sentimos así, e creo que é algo que non debería pasar, porque sexa por medo ou sexa por ser cobarde non se nos pode apartas ou discriminar.
O neno do relato síntese mal por sentir , medo e ser un cobarde, pero a culpa de acabar coa vida dun gato é menor, menor que o desprezo que lle fan os seus compañeiros.
Creo que esto sucede con moitas persoas, que necesitan sentirse ben, e saber que non o desprezan, e para iso faria calqueira cousa.
O relato conta unha realidade.

Unknown dijo...

Está bastente ben e personalmente gustaoume sobretodo porque é un texto que non acaba coma outros parecidos senón que o personaxe non acaba feliz de todo e gústame por iso máis que nada

Unknown dijo...

O relato de 'vergoña' paréceme moi orixinal xa que moitos nenos cando son pequenos non queren acercarse a outros por medo ou vergoña.
Logo para integrarse no grupo fanse cousa miserables, tal cal como fixo el.

Nothing. dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Unknown dijo...

Bueno pois a min este relato pareceme que se pode convertir en unha historia que podo ocurrir calquer dia en calquera persona. Todo o mundo temos ese medo de quedar mal entre a xente e que se rian de nos. Quedarnos sos e ter que estar na nosa casa sen ninguen con quen xogar,falar... Son momentos duros e ademais que doen moito. Asique sempre chega o punto que para que os demais vexan que ti podes ser mais do que eles pensan e te aepten fas cousas que xamais se che pasaron pola mente. Esas cousas moitas veces desagradables como a do noso protagonista, que logo fan que penses o mal que fixeches. Porque si, recuperei os meus amigos pero acabas de facer algo do que non te sintes orgulloso e eso fai que te sintas mal. Asique na miña opinón débese facer o que realmente un considera correcto e non facer o que os demais queren ver.
"Vergoña" resultou un relato realmente interesante.

Un sáudo

Nothing. dijo...

Son Pilar.
É un relato que che pode dar que pensar.Coma se ti algunha vez xa o fixeras,non na situación de matar a un gato,pero si na de facer algo que non debías, que era inxusto para conseguir algo.Tamén me parece moi interesante porque vaiche contando como se sinte o rapaz en cada caso,cales son os seus sentimentos.Iso faiche pensar en como se sentiría e se tes imaxinación poderías sentirte por un rato coma el.Este relato foime fácil de entender xa que, nalgún momento como dixen antes fixexes algo así.É como unha imaxe,ou representación do que fixexes algún día e do que seguramente volvas a facer.

Anónimo dijo...

Creo que é un problema que afecta a todo o mundo. A todo o mundo lle gusta encaixar e hai persoas que farían calquera cousa por encaixar.
Neste caso o neno defrauda aos seus supostos ´´amigos``, e logo ten que facer algo que non é do seu agrado para volver a formar parte do grupo, non creo que esté moi orgulloso do que fixo pero creo que se non o fixera non recuperaría a confianza dos seus amigos.

Unknown dijo...

Bueno pois a min este relato pareceme que se pode convertir nunha historia que podo ocurrir calquer dia en calquera persoa. Todo o mundo temos ese medo de quedar mal entre a xente e que se rian de nos. Quedarnos sos e ter que estar na nosa casa sen ninguen con quen xogar,falar... Son momentos duros e ademais que doen moito. Asique sempre chega o punto que para que os demais vexan que ti podes ser mais do que eles pensan e te acepten fas cousas que xamais se che pasaron pola mente. Esas cousas moitas veces desagradables como a do noso protagonista, que logo fan que penses o mal que fixeches. Porque si, recuperei os meus amigos pero acabas de facer algo do que non te sintes orgulloso e eso fai que te sintas mal. Asique na miña opinón débese facer o que realmente un considera correcto e non facer o que os demais queren ver.
"Vergoña" resultou un relato realmente interesante.

Un sáudo

Pablo dijo...

Este relato, para o meu parecer, e moi real. Esto pasounos a todos algunha vez, ser aceptados por facer cousas que non queremos facer. Neste caso foi maltratar a un gato, pero para poder encaixar podemonos marxinar a algunha persoa ou simplemente xogar a un xogo que non nos gusta.
O relato esta tamén moi ben escritos e é fácil a sua comprensión, o cal sempre axuda.
En resumo, este relato ten un tema que nos pode interesar a todos e é fácil e entretido de ler.

Xaime Ferrín Suárez dijo...

É un relato que reflexa a realidade dende un punto de vista pouco utilizado como é o de un simple neno. Describe claramente como é o sentimento de vergoña na mentalidade deste, un inferno que non acaba e que obriga a un mesmo a sentirse incómodo, e que o tempo faise eterno cando es novo. Penso que é un relato cun tema simple pero que conecta con todo o mundo, debido a que a todo o mundo lle sucedeu algo similar, e o relata dunha forma elaborada pero fácil de entender.

Unknown dijo...

Pareceme un bo relato do que podemos sacar moitas conclusións e reflexións para aplicar a vida cotiá, xa que é unha situación de exclusión moi presente na sociedade, unha sociedade na que por sentirnos integrados nun grupo ou por chamar a atención simplemente, se cometen moitas tonterías que seguro non serían tantas si nos parasemos a pensar un pouco.
O rapaz da historia por exemplo, simplemente por integrarse e, segundo o seu punto de vista, por gañar o respeto dos rapaces do barrio, fixo algo do que se arrepetiu e que si puidese volver atrás non faría.

El baul de los recuerdos dijo...

Quen nunca tivo o seu momento de vergoña, no que nos gustaría estar agochados nalgún lugar? O rapaz deste relato non sabe que facer xa que,agora,a vergoña "pésalle" máis ca antes. A súa reación e como de afastamento a súa vida social, o cal non debería facer porque calquera deles, seguramente, tamén vivira unha situación semellante sentindo ese sentimento asique deberían de comprenderse uns aos outros. Pero vémolo na vida real que aínda que todos vivimos situacións semellantes, escondémolo, e cando sabemos que un o viviu, parece que nos olvidamos de que a nos tamén o vivimos e ignorámolo, cando en realidad teríamos que apoiarnos mutuamente. O relato en sí, é orixinal, o contido é moi interesante o que crea un enganche ao lector.

Picamante dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Picamante dijo...

O tema da vergoña, é un tema que poucas veces vin tratado como tema principal nun relato, a pesar de ser un tema cotiá. A vergonza é un sentimento e que pode ferir como poucas cousas, xa que sempre pode acarrear opinións burlescas da sociedade e iso á súa vez crear unha soidade moi ben recreada no relato. Atraeume do relato como describe detalladamente esa marxinación do protagonista. Paréceme, aínda que sexa algo común, que para recuperar ese prestixio, esa valía perdida, teña que demostrala cun xesto nada heroico, como asasinar un gato.
Se todos os relatos deste libro de Murado, son coma este, presinto que me vai gustar.

Unknown dijo...

Este relato e moi interesante, a vez real. Esta moi ben argumentado xa que conta todo o que pasa e como se sinte él. Isto é o que pasa oxe en día sempre hai descriminaciós. Aunque non é unha situación moi agradable; pasa habitualmente e moita xente sentese así descriminada e marxinada; por motivos de ser vergonzosa ou timida ou non falar cando tes que dar unha opinión sobre algo. Moitas persoas non son capaces de pasar esa vergoña,e estan asi desde pequenos, por moito que lles gusataria non son capaces de non ser timidos e non ter vegoña. O titulo de "vergoña" estalle moi ben acaido.

Unknown dijo...

E sorprendente cómo este anaquiño de texto,unhas simples liñas poden mostrar tanto,facernos sentir identificado coa historia porque sabes,que detrás desas liñas se agocha unha realidade moi complexa pero da que non te podes apartar nin agochar.Unha realidade que fai que sufras,que che fai cometer erros pero que te aferra coma un imán,e se algún día tentas apartar dela,sempre haberá algo que te fará retroceder para volver,para que volvas a sentirte enganchado,para incorporarte,e asumir que xa eres como os demáis aínda que agoches algo diferente dentro,algo que te fai sentir absurdo,mal,ben,xenial,ou quizais so diferente,ese algo que algún día te apartou pero co paso do tempo te fixo volver.
Sorprendente.

Unknown dijo...

Este relato "Vergoña" pareceume moi constructivo e con moito significado. Penso que Murado intenta reflexar por medio de esta historia as dificultades ás que nos temos que enfrontar na vida e as decisións que temos que tomar para crear a nosa propia identidade. E como non unha das etapas máis importantes na toma de esas decisións é a infancia.
No relato móstrase perfectamente este problema ca dificultade engadida da sua duración e a sua síntese , deixando só paso ás palabras precisas e ás ideas fundamentais que nos manteñen en contacto ca historia en todo momento.

Unknown dijo...

É un relato orixinal, pois ofrece unha visión infantil dunha sociedade bélica e sedenta de sangue onde, para destacar, hai que converterse nun monstro e nun asesino, onde hai que reaccionar con violencia para ser respetado. O rapaz, nun principio, decide escapar desa situación, mais el só non pode cambiar as cousas e decide deixarse levar e asasinar a un animal antes de sentirse avergoñado por ser diferente e non facer o que fan os demais. El cede á presión, ten medo de quedar só, ten medo de non volver xogar. Mais, no seu interior sabe que o que fixo estivo mal, sinte que traicionou os seus principios e desexa que a súa nai lle pegue, querendo así deixar de sentirse culpable polo sucedido.
O relato é, sinceramente, estupendo.

Unknown dijo...

Gustoume que un texto tan pequeno plasme tanto dor e sentimentos, e ademáis sentimentos que habitualmente sentimos na realidade e ese momento de recurrir a algo para ser aceptado e gañar o respecto, mais a vergoña que sentía o rapaz ese sentimento de culpabilidade converteuse en algo peor anque conseguira incorporarse no grupo.Pero realmente fixo ben disfrazándose de algo que non é? Dende o meu punto de vista e moi triste que o respecto se gañe así.
Encantoume que plasmase en especial ese tema porque non se ve en todos os relatos.

Miriam dijo...

O relato gustoume moito. Xa que é unha situación real que pasa día a día. Non é o feito de que o rapaz se sentise mal por ser un covarde ao escapar do outro grupo de rapaces que os triplicaban, senon polo que iso representa. Como reacciona ante o medo, querendo estar alí pero non é capaz, por iso sinte vergoña. Sinte vergoña de non ser valente, e despois infravalorase durante eses tres días nos que non fala cos amigos. Cando vai xunto eles comete un acto que para todos é de valentía menos para el, el sabe que o que fixo está mal e non pode sentirse orgulloso de si mesmo.
Esta situación non é común pero si o que representa, todos nos vemos obrigados a facer cousas das que non estamos orgullosos para recuperar o noso lugar, por exemplo nun grupo de amigos.
O relato está moi ben, o autor describeo todo detalladamente o que fai que nos sintamos na pel do rapaz.

Unknown dijo...

Danos a opción de reflexionar sobre unha cuetión na que todos nos vemos implicados algunha vez. Cando temos que facer algo, inxusto, que perxudica a algo ou a alguén que non ten ningunha relación co noso problema pero vai pagar a nosa ravia xerada cara o que fixeras anteriormente ou para darte a ver como unha persoa segura de ti mesma e valente, pero se non realizamos esa acción seremos marxinados ou alonxados da sociedade por culpa dunha acción anteriormente realizada.
Cando temos medo ou estamos asustados ou preocupados, non somos nos os que reaccionamos senon que é o noso subconsciente actua por nós e fainos ser irracionales, non pensamos nas consecuencias que nos vai traer esa acción realizada subconscientemente. Logo damonos conta de que esa acción nos vai acarrear unha serie de consecuencias,pero nese momento non somos quen de pensar nas consecuencias.

Unknown dijo...

No tocante a lectura voluntaria despois de ler este relato semella interesante. Realmente engancha non sabes o que pode ocorrer ó pasar a páxina.
E no tocate os temas creo que os dous están moi presentes todos os días en todo o mundo. Toda a xente ten vergoña aínda que sexa unha pouca. E a exclusión social sucediu o logo da historia. Habería que mirar moito ese tema porque é incríble que nos tempos de agora aínda suceda iso, que unha persoa teña que facer algo que non cre correcto para que non o marxinen e poder pertencer a un grupo de individuos é totalmente lamentable.

Unknown dijo...

É unha historia moi boa e orixinal porque non todos os días se len historias semellantes. Eu identificome co protagonista posto que eu tamen teño feita locuras porgañar o respeto de alguén.

Unknown dijo...

Pareceume un relato bastante interesante, sobre todo porque o tema do que nos fala é algo que lle afecta a moita xente. A calquera persoa lle gusta sentirse aceptada polos demais e creo que o autor plasma perfectamente esa presión que sente o protagonista cando os demais o ignoran. É esa presión a que leva ao protagonista a facer algo que non quere, porque os outros rapaces teñen máis poder sobre el do que pensa e non lle serviu de nada intentar resistirse. Creo que aínda que se esforzase máis en intentar autoconvencerse de que non lle importaba o que pensaban, acabaría cedendo igual porque tiña que convivir todos os días coa súa frialdade. Gustoume moito a historia porque está moi ben contada e porque o tema está moi presente nas nosas vidas, aínda que non o vexamos.

Unknown dijo...

Paréceme que o texto é bo e expresa a realidade. Porque hai moita xente que por quedar ben cos demáis fan calquera cousa por quedar ben con que eles queiran, pero non pensan en que lle poden estar facendo dano a outras persoas como fan ás veces, ou como neste caso a un pobre animal.
É creo que porque el agora mate ao pobre gato indefenso non quita que fuxise cando ía pelexar contra os seus inimigos, tampouco o consideraría ningún mérito pola miña parte, xa que quitarlle a vida a un gato que no fixo nada non é ningunha valentía.
Pero expresa o que pasa na realidade, que hai xente que é capaz de calquera cousa só por quedar ben cos demáis.

Antía dijo...

No relato "Vergoña" non vin unha persoaxe ficticia, nin a un calquera. Vinme a min envolta nesa situación, vin a todos os que me arrodean. O tema da vergoña, aínda que non é moi común velo coma o sentimento protagonista dunha historia, é algo demasiado habitual. Constantemente, estamos intentando ser un membro máis dun colectivo, queremos ser aceptados e mesmo nos imitamos os uns aos outros, aínda sen darnos conta, para non ser desprazados. O feito de verse obrigado a asasinar ao gato para facerse oco, pásanos cada día con distintos exemplos. É certo que a un amigo haino que aceptar tal e como é, mais quen non renunciou a unha parte de si mesmo para poder ser ese amigo? Pode ser que non nos arrepintamos, ou que, coma aquel neno, non nos recoñezamos a nós mesmos.

maria dijo...

creo que neste texto nos fala en certa maneira da realidade. O neno fai algo que sinte que esta mal para que os demais o acepten e lle devolvan o seu respeto neste caso o neno mata un gato.

maria dijo...

creo que neste texto nos fala en certa maneira da realidade. O neno fai algo que sinte que esta mal para que os demais o acepten e lle devolvan o seu respeto neste caso o neno mata un gato.

Unknown dijo...

O texto pereceume moi realista porque na realidade a xente tamén quere aparentar o que non é para caerlle ben á xente e no texto o protagonista mata un gato soamente para caer ben,
Ahí é onde se demostra ata onde ten que chegar unha persoa para estar ben visto nesta sociedade.