3/5/19
O curso de 2º Bach. está a piques de rematar, mais aínda quedan folgos para propor unha lectura máis, nesta ocasión un poemario de Ismael Ramos, gañador do Premio Johán Carballeira: Os fillos da fame. O bocado é tan goloso que convidamos tamén á poeta e compañeira docente Olga Patiño para que opine sobre a poesía do poeta de Mazaricos. A sesión foi toda unha sorpresa, pois os comentarios dos/as participantes son ben substanciosos...
29/3/19
Superada a primeira proba, e con ganas de máis lecturas, unha alumna participante propón lermos o Manifesto rebelde de Manuel Rivas: Contra todo isto. Súmase unha alumna máis ao club e contamos con profesorado diverso que asume o reto da proposta, para ir lendo ao longo dos meses de febreiro e marzo... As páxinas de Rivas engaliólannos de tal maneira que temos nostalxia de rematar a súa lectura, pois realizala foi todo un pracer.
11/1/19
Comezamos este 2018-19 o Club de lectura en 2º Bach. no mes de xaneiro, logo de varios intentos, coa biografía novelada de Domingo Fontán por Marcos Calveiro... Dúas alumnas foron as que protagonizaron inicialmente a primeira sesión, ademais dos tres docentes que tamén participan nela. Resultou moi interesante escoitar opinións contrastadas dos presentes na reunión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)