2/4/13

A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor



Este 3 de abril commemórase o 55 aniversario da publicación da novela A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor, novela cume da narrativa galega. Da primeira edición da obra en 1959 chegamos á derradeira de Galaxia, á 4ª, de 2010, coas partes que a censura franquista obviou, a cal nos permite valorar a obra integramente, tal e como a escribiu o autor. De querermos realizar o itinerario que seguiron o Cibrán, o Bocas e o Milhomes polas rúas de Auria,  podemos botar man do roteiro da cidade.