O escritor do Punxab Bali Rai, autor do libro Un casoiro ben mal amañado, visitará o IES no mes de xaneiro. O autor dedica seis meses do ano a recorrer os centros de secundaria interesados na súa novela. Se les o libro, participarás na actividade do día 19 de xaneiro.
28/10/09
13/10/09
Lexislación ESO (currículos)
LEXISLACIÓN vixente canto aos currículos ESO, onde se alude ás competencias básicas que cómpre desenvolver nas diferentes materias da etapa.
7/10/09
Amélie Nothomb
Adentrarse no mundo literario de Amélie Nothomb é adentrarse na súa biografía, comentada en numerosas entrevistas realizadas en diferentes medios e aludida, tamén, en comentarios críticos sobre a súa obra. A súa é unha obra onde o xogo literario e o diálogo con outros textos é esencial para unha atinada interpretación da mesma. Un nome de dicionario non é unha excepción: cómpre ver o título orixinal da obra e a ilustración da cuberta para chegar á confirmación anterior. A lectura atenta da novela e a indagación das referencias culturais nela permitirán chegar ás claves da súa escrita.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)