14/10/15

A mariñeira de Quilmas, de Darío Xohán Cabana, un relato realista inspirado na nosa historia máis recente... O compromiso  das mulleres e dunha sociedade co futuro da Galiza nun tempo difícil...
Unha historia valente e dramática que é a de tantos homes e mulleres do país...

1/10/15


http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/francisco-castro-autor-de-tes-ata-as-10
  Suxestivo título da última novela de Francisco Castro que obriga ao  protagonista a indagar no seu pasado e na historia máis recente para desvelar o sentido destas palabras de seu pai. enviadas logo da súa morte... Tamén a nós, lectoras e lectores, para que descubramos o que hai detrás delas e nos ensarillemos nesta historia sorprendente desde as súas páxinas primeiras...
Quen asume o reto? Vós?? Pois tedes ata o 28 de outubro para enfrontavos a el... Que agocharán esas enigmáticas palabras??

7/6/15


A NOVA NARRATIVA GALEGA

Na metade da posguerra iníciase unha nova tendencia narrativa  que procura a súa renovación formal e temática, incorporando novos contidos e orixinais técnicas narrativas ... Para explorar estes camiños literarios, seguiremos as pegadas dos seus/das súas protagonistas, pondo en práctica as súas experiencias e afondando nos temas abordados.

2/4/13

A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor



Este 3 de abril commemórase o 55 aniversario da publicación da novela A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor, novela cume da narrativa galega. Da primeira edición da obra en 1959 chegamos á derradeira de Galaxia, á 4ª, de 2010, coas partes que a censura franquista obviou, a cal nos permite valorar a obra integramente, tal e como a escribiu o autor. De querermos realizar o itinerario que seguiron o Cibrán, o Bocas e o Milhomes polas rúas de Auria,  podemos botar man do roteiro da cidade.

17/4/12

Febre, de Héctor Carré

O director de cine e escritor, Héctor Carré, lévanos no seu último libro, Febre, a un episodio da nosa historia recente, a febre de volframio na Galiza de mediados do século XX, debido á grande demanda deste mineral na II Guerra Mundial. Cun ritmo vigoroso, viviremos esa febre da man dos seus protagonistas, en especial, da súa heroína, Carmucha.Enlace

A febre do volframio

10/2/12

Fernando Pessoa, plural como o Universo

Quantos pessoas há em Pessoa? A Fundaçao Gulbenkian de Lisboa mostra os traballos inéditos do escritor, ocultos no seu baúl, que agora saen á luz, desde a morte do poeta, en 1935.
Os heterónimos de Pessoa levados ao cómic por Laura Pérez Vernetti