2/4/13
A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor
Este 3 de abril commemórase o 55 aniversario da publicación da novela A esmorga, de Eduardo Blanco-Amor, novela cume da narrativa galega. Da primeira edición da obra en 1959 chegamos á derradeira de Galaxia, á 4ª, de 2010, coas partes que a censura franquista obviou, a cal nos permite valorar a obra integramente, tal e como a escribiu o autor. De querermos realizar o itinerario que seguiron o Cibrán, o Bocas e o Milhomes polas rúas de Auria, podemos botar man do roteiro da cidade.
17/4/12
Febre, de Héctor Carré
O director de cine e escritor, Héctor Carré, lévanos no seu último libro, Febre, a un episodio da nosa historia recente, a febre de volframio na Galiza de mediados do século XX, debido á grande demanda deste mineral na II Guerra Mundial. Cun ritmo vigoroso, viviremos esa febre da man dos seus protagonistas, en especial, da súa heroína, Carmucha.
22/3/12
10/2/12
Fernando Pessoa, plural como o Universo
Quantos pessoas há em Pessoa? A Fundaçao Gulbenkian de Lisboa mostra os traballos inéditos do escritor, ocultos no seu baúl, que agora saen á luz, desde a morte do poeta, en 1935.
Os heterónimos de Pessoa levados ao cómic por Laura Pérez Vernetti
Suscribirse a:
Entradas (Atom)