Adentrarse no mundo literario de Amélie Nothomb é adentrarse na súa biografía, comentada en numerosas entrevistas realizadas en diferentes
medios e aludida, tamén, en
comentarios críticos sobre a súa obra. A súa é unha obra onde o
xogo literario e o
diálogo con outros textos é esencial para unha atinada interpretación da mesma.
Un nome de dicionario non é unha excepción: cómpre ver o título orixinal da obra e a ilustración da cuberta para chegar á confirmación anterior. A lectura atenta da novela e a indagación das referencias culturais nela permitirán chegar ás claves da súa escrita.