CLUB LECTURA 4º ESO
Comezamos este curso o Club de Lectura de 4º ESO do IES Fernando Wirtz coa obra de Francisco Castro: Tes ata as dez, novela de ritmo trepidante que nos atrapa desde as primeiras páxinas, adentrándonos na época do tardofranquismo da man do seu protagonista, Antonio Correa.
Velaquí documentación gráfica da amena tertulia, integrada por 3 alumnos e 5 alumnas, ademais de tres profesoras. Proximamente colgaremos críticas dos/as participantes nel. Cómpre pensarmos na seguinte....
21/12/17
23/2/16
3/2/16
Galiza, un banco de probas para as redes de intelixencia na II Guerra Mundial, segundo un novo traballo do historiador Emilio Grandío Seoane. Presenza novelada en Izan o da saca polo escritor saviñádego Xabier Quiroga.
14/10/15
A mariñeira de Quilmas, de Darío Xohán Cabana, un relato realista inspirado na nosa historia máis recente... O compromiso das mulleres e dunha sociedade co futuro da Galiza nun tempo difícil...
Unha historia valente e dramática que é a de tantos homes e mulleres do país...
Unha historia valente e dramática que é a de tantos homes e mulleres do país...
1/10/15
Suxestivo título da última novela de Francisco Castro que obriga ao protagonista a indagar no seu pasado e na historia máis recente para desvelar o sentido destas palabras de seu pai. enviadas logo da súa morte... Tamén a nós, lectoras e lectores, para que descubramos o que hai detrás delas e nos ensarillemos nesta historia sorprendente desde as súas páxinas primeiras...
Quen asume o reto? Vós?? Pois tedes ata o 28 de outubro para enfrontavos a el... Que agocharán esas enigmáticas palabras??
29/9/15
7/6/15
A NOVA NARRATIVA GALEGA
Na metade da posguerra iníciase unha nova tendencia narrativa que procura a súa renovación formal e temática, incorporando novos contidos e orixinais técnicas narrativas ... Para explorar estes camiños literarios, seguiremos as pegadas dos seus/das súas protagonistas, pondo en práctica as súas experiencias e afondando nos temas abordados.
23/9/14
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

