21/3/18

CLUB LECTURA 4º ESO FERNANDO WIRTZ


Xa temos nova lectura para o Club: Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, un clásico da literatura galega que nos leva ás Terras 
de Miranda para asistir aos prodixios do mago Merlín... 

O seu paxe, Felipe de Amancia, dá conta "das máis misteriosas maxias, engados, trasegos, inventos, tendollos e feitizos" do seu amo "na antiga e longa selva de Esmelle"...






2/3/18

O 1 de marzo reuniuse o Club de lectura de 4º ESO para comentar "O hibisco púrpura" de Chimamanda Ngozi Adichie: 7 alumnos e 2 alumnas, ademais de 3 profesoras.

 A novela foi moi ben acollida polos/as  lectores/as, ademais de  revelarnos outra realidade moi diferente, moito máis crúa e dura. Marchamos co desexo de partillar novas lecturas.

7/2/18

CLUB LECTURA 4º ESO

VIAXAMOS A NIXERIA con Chimamanda Ngozi Adichie



ACOMPÁÑASNOS?

VÉMONOS O XOVES 1 MARZO na BIBLIO do WIRTZ

21/12/17

CLUB LECTURA 4º ESO

Comezamos  este curso o Club de Lectura de 4º ESO  do IES Fernando Wirtz coa obra de Francisco Castro: Tes ata as dez, novela de ritmo trepidante que nos atrapa desde as primeiras páxinas, adentrándonos na época do tardofranquismo da man do seu protagonista, Antonio Correa. 

Velaquí documentación gráfica  da amena tertulia, integrada por 3 alumnos e 5 alumnas, ademais de tres profesoras. Proximamente colgaremos críticas dos/as participantes nel. Cómpre pensarmos na seguinte....

17/11/16

Grazas, Narf!! Boa singradura na derradeira viaxe!!

24/2/16


 http://praza.gal/politica/11246/anxel-casal-80-anos-do-dia-en-que-o-editor-do-galeguismo-foi-alcalde/


80 anos do nomeamento de Ánxel Casal como alcalde de Santiago.

23/2/16

Resultado de imagen de Rosalía de Castro
Daquelas que cantan as pombas i as frores,
todos din que teñen alma de muller.
Pois eu que n´as canto, Virxe da Paloma,
 ¡ai! ¿de que a terei?
Rosalía de Castro

3/2/16

Galiza, un banco de probas para as redes de intelixencia na II Guerra Mundial, segundo un novo traballo do historiador Emilio Grandío Seoane. Presenza novelada  en Izan o da saca  polo escritor saviñádego Xabier Quiroga.

14/10/15

A mariñeira de Quilmas, de Darío Xohán Cabana, un relato realista inspirado na nosa historia máis recente... O compromiso  das mulleres e dunha sociedade co futuro da Galiza nun tempo difícil...
Unha historia valente e dramática que é a de tantos homes e mulleres do país...

1/10/15


http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/francisco-castro-autor-de-tes-ata-as-10
  Suxestivo título da última novela de Francisco Castro que obriga ao  protagonista a indagar no seu pasado e na historia máis recente para desvelar o sentido destas palabras de seu pai. enviadas logo da súa morte... Tamén a nós, lectoras e lectores, para que descubramos o que hai detrás delas e nos ensarillemos nesta historia sorprendente desde as súas páxinas primeiras...
Quen asume o reto? Vós?? Pois tedes ata o 28 de outubro para enfrontavos a el... Que agocharán esas enigmáticas palabras??